O Consello da Cultura debate sobre a divulgación científica en galego no ámbito virtual

La Voz

CIENCIA

Xurxo Mariño
Xurxo Mariño ANA GARCIA

Xurxo Mariño, Cristina Maya e Tamara Pazos son algúns dos participantes

07 may 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

16.30 horas • Consello da Cultura (Tamén pode seguirse a través de internet) • O Consello da Cultura Galega organiza este martes a xornada «A divulgación científica en galego nos novos espazos». Nela revisarase a creación de contidos na lingua propia para divulgar no ámbito virtual.

 

A xornada divídese en dúas partes. Na primeira, abordarán a situación galega da man do neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño; da coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade de Sanitago, Cristina Maya; e da bióloga e divulgadora sobre neurociencia e saúde Tamara Pazos. Na segunda parte, daranse a coñecer experiencias que acontecen noutras linguas como o catalán ou o éuscaro. Falarán Andrea Camacho e Ziortza Guezuraga.